3 de xul. de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DESTACADA PARTICIPACIÓN DOS TEIXUGOS NA 3ª COPA DO NOROESTE IBÉRICO DE SLÁLOM 

Na clasificación final por equipos o primeiro posto foi para o Piragüismo Penedo, o segundo para o Deportivo Miño Teixugos e o terceiro para o Tea de Mondariz

Informa (fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera

 A pasada fin de semana tivo lugar na canle de slálom de Alejico –Sabero, en León, a 3ª  Copa do Noroeste Ibérico. Está competición que foi pensada para reunir aos equipos do norte de Portugal, Galicia e Castela León, converteuse nesta ocasión nun ensaio para o Campionato de España a celebrar na mesma canle dentro dun mes. Coa ausencia dos equipos portugueses, contou sen embargo con varios deportistas vascos e cataláns, que se sumaron ao evento. 



 Cada deportista fixo un total de catro baixadas, dúas o sábado e dúas o domingo, contando a mellor das dúas de cada xornada. A clasificación final de cada deportista fíxose coa suma dos postos obtidos en cada un dos dous días. 


 Os Teixugos fixeron un papel inmellorable, en C1 sénior home, Brais Castro foi o gañador da proba. 

 En K1 sénior Manuel Ochoa quedou segundo por detrás do vasco Unai Nabaskues do Atlético San Sebastián

 En K1 muller sénior Andrea González e Laura Alonso foron segunda e terceira respectivamente, resultando gañadora Carmen Costa, do Baix Cinca

 Ariadna Pereira gañou en C1 cadete e foi segunda en K1 cadete. 

 Samuel Castro gañou en C1 infantil e quedou terceiro en K1 infantil, nesta mesma categoría Sergio Martínez foi segundo. 

 Por último en infantil féminas, Alba Soutelo foi primeira en C1 e segunda en K1. 


 Na clasificación final por equipos o primeiro posto foi para o Piragüismo Penedo, o segundo para o Deportivo Miño Teixugos e o terceiro para o Tea de Mondariz

Ningún comentario: