20 de xul. de 2017

A GUARDA

Deporte, espectáculos e música, enchen a programación cultural da Guarda 

Dende este venres e ata o Día de Galicia


Infogauda / A Guarda

 Coa I Mostra do Clube Deportivo Baixo Miño de Judo, este venres comeza unha fin de semana cargada de programación deportiva e cultural no Concello da Guarda, que encherá a vila de música, exhibicións e competicións deportivas, para finalizar o día 25 co espectáculo circense da compañía Pistactiva



 A I Mostra do Centro Deportivo Baixo Miño de Judo,terá este venres, a partir das 21:30 horas, no Estadio Municipal da Sangriña. Realizaránse exhibicións de defensa persoal, baile moderno e zumba, ademais de judo. 


 O sábado viviremos unha das grandes noites musicais dentro da programación cultural deste verán na vila, coa celebración dunha nova edición de "Noites no Castelo". Contaremos coas actuacións de Xosé Manuel Budiño, con Mercedes Peón como convidada especial, e Susana Seivane, a partir das 22:00 horas na Fortaleza de Santa Cruz.  



  Dende a mañá do sábado e ata a noite do domingo, na praia do Codesal, estarase a disputar o Trofeo Concello da Guarda de Volei Praia con categorías senior e amateur. Os equipos federados competirán entre as 10:00 e as 21:00 horas do sábado e continuarán durante a xornada do domingo, entre as 10:00 e as 20:00 horas, coincidindo coa competición dos equipos da categoría amateur. 



  
 Durante o domingo, celébrase o XXIV Encontro dos pobos no Auditorio de San Benito a partir das 20:30 horas. A celebración contará coas intervencións dos grupos de música tradicionais do Club da 3ª idade, Vento Mareiro, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, De hoxe nun ano, e o grupo húngaro Harruckern



 Na carpa instalada no porto guardés, a partir das 14:00 horas, celebrarase un xantar-churrascada organizado pola Agrupación de Pescadores O Buxeiro, co gaio da celebración da Xuntanza de pescadores deportivos. Os interesados en acudir ó encontro están convocados na explanada do porto ás 7 da mañá para ir pescar.  


 Xa na noite do luns, a programación cultural continua no Auditorio de San Benito, onde terá lugar o Encontro da canción mariñeira a partir das 20:30 horas, organizado polo Concello da Guarda e a Coral Polifónica guardesa. Contaremos nesta ocasión coa intervención do grupo de pandeireteiras Coiro Vello, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda e o Orfeâo de Vila Praia de Ancora.  


 Tamén no Auditorio de San Bieito será, a partir das 20:30 do Día de Galicia, o espectáculo circense Pistactiva, con Circo Chosko e Isla Letriska, cuxa actuación porá fin a cinco días de programación variada para toda a familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario