6 de xul. de 2017

A GUARDA

O Concello da Guarda convoca os  Premios de Educación 2017   



 O Concello da Guarda convoca os Premios de Educación 2017 co ánimo de incentivar actitudes e hábitos relacionados co traballo, o esforzo, a participación e a convivenvia entre as mozas e mozos da localidade.  

 Poderá participar nesta convocatoria todo o alumnado que esté empadroado no Concello da Guarda e matriculado no curso 2016-2017 nos centros públicos de primaria ou secundaria da localidade: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo e IES A Sangriña. 

 Será requisito esixible a tódolos participantes que opten a algún dos vinte premios establecidos nas bases ter superado o curso respectivo na convocatoria ordinaria do curso 2016-2017. Os centros proporán ós premiados en base ó expediente académico obtido polo alumado en tódalas materias que integren as ensinanzas do curso obxecto desta convocatoria. 

 As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda, nos centros educativos sinalados anteriormente ou na páxina web no Concello da Guarda. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario