14 de xuño de 2017

VIGO

SANIDADE

Protesta ante o conselleiro polos dereitos roubados


Membros da plataforma sindical “pola recuperación dos dereitos roubados”, se concentraron diante da central de esterilización do Hospital do Meixoeiro, para protestar ante o conselleiro  de Sanidade
Fotos: CIG


Infogauda / Vigo


 Este mércores 14 de xuño o conselleiro de Sanidade Sr. Almuiña, visitou a central de esterilización do Hospital do Meixoeiro. 

 Membros da plataforma sindical “pola recuperación dos dereitos roubados” se concentraron diante da central de esterilización para protestar ante o conselleiro e pedirlle que abra a negociación para tratar os temas que quedaron paralizados dende fai anos: 

· Carreira profesional.
· Incremento salarial dos anos 2010/11/12.
· Atención continuada: domingos e prefestivos. 
· Gardas: laborais e de festivos. 
Retribución do pago por domicilios na atención primaria.
· Días de especial significación 24 e 31... 
· Eliminación do complemento do 100% do salario en caso de I.T. (baixa).   


 "O conselleiro, un pouco despistado, dixo que iso era unha cuestión na mesa sectorial ao que lle contestamos que de momento non está sobre a mesa por negativa do SERGAS e o instamos a que a abra a negociación", afirmaron fontes da CIG-Saúde, de Vigo.  

 "Seguimos na loita, o luns 19 de xuño ás 11 horas, en Compostela será a seguinte mobilización, dende a entrada de San Caetano (Xunta) ata a rotonda de San Marcos", adiantan desde a referida central sindical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario