14 de xuño de 2017

CULTURA

ALFONSO VICENTE REY, ARTISTA DE A GUARDA, AMOSA SÚA OBRA GRÁFICA EN VIGO

“Gravados”, é o título xenérico da súa exposición na sede social de AdelantArte (Rúa López Mora, nº 15 - Vigo) 


Infogauda / Vigo


“Gravados” 

 O gravado é unha disciplina artística que utiliza diferentes técnicas de impresión para lograr a reprodución múltiple dunha imaxe. Para esta exposición reúno unha serie de traballos realizados nos últimos anos, onde se poden apreciar algúns aspectos do meu proceso creativo, no que combino, a maior parte das veces, a xilografía e a linografía coa pasta de papel como elementos constituíntes das estampas, xogando coa cualidade reproductiva a través das matrices e a condición de obra única que aporta a pasta de papel” 

 Así, dese  xeito tan sinxelo é como o artista Alfonso Vicente Rey, nos define á mostra - “Gravados” - que desde o pasado día 9 presenta no espazo expositivo AdelantArte (rúa López Mora, nº 15), en Vigo. 


 O artista guardés presenta unha selección de 20 traballos de obra gráfica orixinal, realizados nos últimos anos. 

 Os horarios de apertura do local son de luns a venres, de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:30 h. a 19:30 h. Permanecerá aberta até finais de xullo.

Ningún comentario: