16 de xuño de 2017

TURISMO

PRESENTACIÓN OFICIAL DA XXVII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DO CONCELLO DA GUARDA (PONTEVEDRA) 



 Infogauda / A Guarda

 Este ano celebrarase a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, festa de recoñecido prestixio e un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia. 

 Desde a Oficina de Turismo Municipal do Concello de A Guarda sinalan: "Cada ano realizase a presentación oficial nunha vila galega ou portuguesa pero este ano tiña que ser Cambados, xa que foi declarada Cidade Europea do Viño 2017 e o viño é esencial para a nosa gastronomía. A festa ten como protagonista a langosta pero acompañándoa hai unha gran variedade de produtos dun alto nivel culinario que veñen facendo as delicias dos paladares máis esixentes. 

 Na presentación amósanse as novidades da programación que cada ano mudan para achegar a todos os gustos. Ademais haberá unha degustación de langosta, dos pratos mariñeiros, doces e viño que serán o adianto a todo o que se poderá desfrutar durante esta festa gastronómica que xa conta coa declaración de Festa de Galicia de Interese Turístico. 

 Xunto aos restauradores, a adega e a pastelería e facendo a presentación estará o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, acompañados da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal"

DATA: martes 20 de xuño 
HORA: 12:00 horas 
LUGAR: Xardíns do Concello de Cambados

Ningún comentario:

Publicar un comentario