16 de xuño de 2017

DEPORTE

NATACIÓN

Un ano máis o Concello da Guarda organiza a Travesía a Nado Porto da Guarda 

Na súa vixésimo segunda edición 


Infogauda / A Guarda

 Como xa ven sendo habitual esta travesía está enmarcada dentro da programación da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebrará os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo no Porto da Guarda.  

 A XXII edición da Travesía a Nado Porto da Guarda terá lugar o sábado 1 de xullo ás 12:00 h., e poderán participar tanto nadadores federados como aqueles que non o estean. Todos os interesados en participar nesta travesía poden reservar a data xa que en breve estará habilitado a inscrición online dende a web municipal.  

 A travesía conta cun regulamento para o bo funcionamento e está organizada pola concellería de Deporte do Concello coa colaboración do Club de Remo Robaleira, do Club ALAGUA, a Cofradía de Pescadores Santa Tecla e Río Verde motores forabordas. 

 As persoas que precisen máis información poden dirixirse directamente ó Concello da Guarda , na dirección de correo turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 61 45 46

Ningún comentario:

Publicar un comentario