FÚTBOL
Os alevíns e cadetes da A. D. Tomiño foron recibidos no Concello
A A.D. Tomiño celebrou as cinco copas obtidas na temporada
Informa (fotografía e redacción): Gonzalo Lomba / Tomiño
Logo de obter sendos dobretes de liga e copa, os cadetes e os alevíns da A. D. Tomiño foron recibidos oficialmente no Concello de Tomiño pola alcaldesa Sandra Gonzalez e o concelleiro de deportes Ismael Troncoso.
No acto, ao que asistiron xogadores, corpo técnico, representantes da directiva e un bo número de nais e pais que non quixeron perderse o momento; tamén se recoñeceu aos prebenxamíns da A.D. Tomiño e o seu subcampionato de Copa.
O adestrador dos cadetes, Jesús Cabezas salientou como o máis importante o bo traballo durante toda a temporada dos seus xogadores que deu como froito a consecución dos dous títulos xogados.
Pola súa parte, o Presidente da A. D. Tomiño, José Manuel Copero, estendeu o recoñecemento a todos os xogadores, adestradores e directivos do club que, contribúen día a día ao crecemento da A.D. Tomiño. Tamén agradeceu ao Concello o apoio institucional e económico que fai posible que o club siga ano tras ano sendo unha referencia no fútbol base da zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario