REMATADA UNHA PINTURA MURAL NO BARRIO DE PESCADORES
O deseño e a elaboración correu a cargo de Raquel González Martínez

Infogauda / A Guarda
Esta semana rematouse coa actividade, impulsada dende a Concellería de Xuventude do Concello da Guarda xunto coa colaboración de Érguete Baixo Miño, de pintura do mural que dende agora acompañaranos na baixada ata o porto, xusto na entrada a esta entidade social situada na Guarda.
O deseño e a elaboración correu a cargo de Raquel González Martínez, moza residente na Guarda que cursa estudios en Galaecia e que se involucra en diferentes actividades culturais e sociais que repercuten directamente na poboación.
"Dende o Concello queremos agradecer esta fermosa colaboración así como tamén animar a que as persoas participen neste tipo de actividades que embelecen a nosa contorna máis próxima", dixo a concelleira de Cultura e Xuventude, Elena Baz Rodríguez.
Pormenor do vistoso mural realizado por Raquel González Martínez
O deseño e a elaboración correu a cargo de Raquel González Martínez, moza residente na Guarda que cursa estudios en Galaecia e que se involucra en diferentes actividades culturais e sociais que repercuten directamente na poboación.
"Dende o Concello queremos agradecer esta fermosa colaboración así como tamén animar a que as persoas participen neste tipo de actividades que embelecen a nosa contorna máis próxima", dixo a concelleira de Cultura e Xuventude, Elena Baz Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario