29 de xuño de 2017

A GUARDA

CINEMA

Proxecto Socheo mostra filmacións do médico Ramón Pérez

Fotograma dunha marusía, filmada no porto de A Guarda por D. Ramón Pérez López

Proxecto Socheo / A Guarda

 Estas filmacións domésticas foron realizadas por Ramón Pérez López, un antigo e lembrado médico que desempeñou o seu traballo na Guarda desde os años sesenta até practicamente os seus últimos días.  

 Don Ramón, que así era como o coñecíamos a meirande parte dos seus veciños, naceu en Albeos, Concello de Crecente no ano 1926 e finou en Vigo, en 2009.  

 As filmacións foron facilitadas pola familia, concretamente pola súa neta, María Pérez, que vive actualmente en Cáceres. As dixitalizacións foron feitas pola Memoria de los Extremeños, proxecto de recuperación cinematográfica da Filmoteca de Extremadura.  

 Os filmes de Ramón Pérez son caseiros, foron feitos no formato de Super 8, e hai imaxes de Galicia e de distintos viaxes que fixo. As que se mostran en Proxecto Socheo son as imaxes tomadas na Guarda no ano 1980. Concretamente son dúas: unha onde filma a muller no porto da Guarda cos restos dunha marusía e outra onde recolle o Desfile da Festa do Monte. Concretamente este último evento destaca pola cantidade de cámaras que o documentaban. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario