29 de maio de 2017

OIA

A veciña máis lonxeva de Oia, Purificación Granja, cumpre 101 anos 

Purificación Granja Valverde recibiu a visita da alcaldesa de Oia
Fotos: C.O.

Infogauda / Oia

 Purificación Granja Valverde, do barrio de A Riña, de Santa María de Oia, celebrou este domingo o seu 101 aniversario rodeada da súa familia. Tamén recibiu a visita da alcaldesa Cristina Correa Pombal, quen lle fixo entrega, en nome do Concello, dun ramo de flores.  

Purificación Granja Valverde, rodeada da súa familia recibiu da alcaldesa Cristina Correa, un ramo de flores en nome do Concello de Oia

 Cos seus máis de cen anos, garda un gran sentido do humor e sempre ten momentos para risas e anécdotas. E moi afeccionada a radio, lle encanta escoitar o programa de Xosé Manuel Piñeiro polas mañás, e polas noites o "Pensando en ti", dirixido por Marcial Mouzo, da Radio Galega, co que xa falou nunha ocasión por teléfono. O seu outro gran pasatempo é o ganchillo, e non deixa de facer peciñas de roupa para os seus netos e bisnetos. 

                                 Purificación Granja Valverde, a decana de Oia

 Preguntándolle o segredo para manterse tan ben aos 101 anos, nos contou entre risas que “tódalas mañás, todas, todas, o primeiro que fago é tomar unha cucharadiña das do café, de mel”, sen esquecer que “se como unha comida forte ou vexo que me encontro mal, mollo a boca con augardente de cereixa, e parece que xa me consola”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario