1 de maio de 2017

O ROSAL

A CIDADANÍA ARROUPOU A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL NO SEU XXXI ANIVERSARIO

O concerto conmemorativo tivo lugar no Auditorio Municipal, totalmente ateigado de público


Fotos: Xesús González Álvarez

Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 Como era de prever, e así foi, na tarde do domingo día 30 de abril, a Agrupación Musical do Rosal, marcou un novo fito na súa magnífica traxectoria. E foi, precisamente, no Concerto do seu XXXI Aniversario, que tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal, diante do seu público, tanto do termo municipal rosaleiro, como da comarca do Baixo Miño.

 O evento non era para menos. Coa partipación da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal; da Coral da Agrupación Musical do Rosal; da Coral San Telmo, de Tui; e do Coro da Escola de Música, e a dirección de José Javier Bascoy Iglesias, foise desenvolvendo un programa que poderíanos considerar, diferente, e o mesmo tempo atractivo, sen por iso, baixar o nivel o que nos ten acostumados a Agrupación Musical do Rosal, senón todo o contrario, pola complexidade que supón conxuntar música e voces, en un concerto inédito no auditorio rosaleiro.

 Co escenario completamente cheo de músicos e coralistas, o programa comezou coa obra "La Corte de Faraón", de Vicente Lleó (arr. Teo Aparicio), que recolleu merecidos aplausos do respectable público.

 Con "Agua, azucarillos e aguardiente" (Preludio e pasacalle), de Federico Chueca (arr. F. Bonete), fundíronse as notas musicais e as voces dos coralistas, nun espectáculo memorable, que o público soubo premiar con entusiasmo.

 Logo viría "La del Soto del Parral" (Ronda "¿Dónde estarán nuestros mozos?"), de Reveriano Soutullo e J. Wert, que foi todo un éxito.

 Con "Nabucco" (Coro de peregrinos "Va pensiero"), de Giuseppe Verdi, arr. de Wim Meijns, chegaría outro intre destacado, no que todos disfrutamos coas interpretacions corais e musicais, que nos brindaron desde o escenario.

 "Doña Francisquita" (Coro de Románticos "Donde va la alegría"), de Amadeo Vives, arr. de J. Comesaña, o programa voltou novamente o terreo da zarzuela, xa que á lírica foi, sen dúbida a protagonista da velada musical.

 "La Dolores" (Gran Jota), de Tomás Bretón, arr. de  Javier Bascoy, foi outra das obras antolóxicas do programa.

 "La Traviata" (Brindisi), de Giuseppe Verdi, arr. de Jos van der Braak, constitiu todo un éxito interpretativo, que o público premiou agradecido, cos seus entusiastas aplausos.

 Coa interpretación de "La Verbena de la Paloma" (Seguidillas "Por ser la Virgen de La Paloma"), de Tomás Bretón, arr. de Javier Bascoy, voltouse novamente o xénero lírico, onde as voces corais - especialmente as femininas - foron unha ledicia, perfectamente imbricadas coas notas musicais da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal.


 E para completar o suxerente programa subiron o escenario - ampliado para á ocasión -, os máis de 40 compoñentes do Coro do alumnos da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, que xunto á Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal; da Coral da Agrupación Musical do Rosal e da Coral San Telmo, de Tui, interpretaron Celtic Child, de Bert Appermont, Trad.: Chus Vidueiros. Foi todo un agasallo para os ouvidos, que contou, como non podía ser doutro xeito, co inequívoco premio do público o que motivou que o director José Javier Bascoy Iglesias, concedese un bis que foi moi ben acollido desde á platea e o anfiteatro.

 En definitiva, se os anteriores tiñan sido todos eles, uns éxitos, o Concerto do XXXI Aniversario da Agrupación Musical do Rosal, foi inconmensurable. 

 Parabens os organizadores e a tódolos participantes por ofrecernos un magnífico Concerto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario