CINEMA
O Cineclub Poleiro proxecta Mustang, unha película sobre a sinrazón relixiosa
O xoves 4 de maio, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián
Rita Alonso / Goián
O xoves 4 de maio, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta unha película de cine francés, Mustang, dirixida por Deniz Gamze, e ambientada en Turquía, que pecha o ciclo desta tempada.
O xoves 4 de maio, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta unha película de cine francés, Mustang, dirixida por Deniz Gamze, e ambientada en Turquía, que pecha o ciclo desta tempada.
Sinopse: Conta a historia de cinco irmás orfas dunha pequeña vila en Turquía. Un inocente xogo de praia cos compañeiros de estudos, ao comenzó do verán, vai mudar radicalmente as suas vidas. A súa avoa e seu tío deciden que acaban de cometer un acto condenable e disgustados coa suposta inmoralidade que vai contra as suas normas relixiosas, deciden tomar medidas para que non se repita e obrigan ás rapazas a cambiar de vida para encamiñalas a un destino de futuras esposas.
Premios:
2015: Premios Oscar: Nominada á Mellor película de fala non inglesa.
2015: Globos de Ouro: Nominada á Mellor película de fala non inglesa.
2016: Premios BAFTA: Nominada á Mellor película de fala non inglesa.
2015: 4 Premios César: Mellor ópera prima, guión, montaxe e bso. 9 nominacións.
2015: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery (mellor ópera prima).
2015: Premios Goya: Mellor película europea.
Críticas: "Unha fábula ao redor da cerrazón moral e cultural (...) a directora compón as suas imáxes, impregnadas duhna exquisita poesía evanescente (...) unha obra de alento tráxico de exuberante beleza (...) Puntuación: ★★★★★ (sobre 5)".
Ningún comentario:
Publicar un comentario