CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA INSTA O GOBERNO MUNICIPAL A RESOLVER OS EXPEDENTES DE RECRAMACIONS ACUMULADOS NO CONCELLO
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas, á seguinte interpelación:
SOLUCIÓN INMEDIATA AOS EXPEDENTES PENDENTES DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL ACUMULADOS DE VARIOS ANOS
Cada pouco, atopamos veciños/as e visitantes que
acuden o noso concello co único fin de solicitar que se resolva, para ben ou
para mal, a reclamación feita por diversos percances na vía pública, xa sexa
por baldosas soltas ou faltantes, contenedores que “voan co mal tempo” por non
estar anclados, ou por traballos feitos na vía pública que non quedan
sinalizados ou nos que non se respeta a lexslación e normativa de seguridade.
A realidade, é que, polo menos, dende o inicio desta
lexislatura, ou sexa dende o ano 2015, tódalas reclamacións feitas, non foron
tramitadas, e polo menos, máis de TRINTA (30), siguen acumuladas nun
arquivador, sin que se cumplira ca lexislación vixente, e se dera inicio a
tramitación do procedemento, e nos mellores dos casos, con informes da Policia
Local, que reflexan a responsabilidade do Concello nunha maioría dos casos. A
isto temos que sumarle, que no ano 2016, temos, polo menos outros tantos, e no
que levamos desta ano 2017, xa superamos o docena.
Na derradeira reclamación que fixemos por delegación
dun veciño, escoitamos con sorpresa, que os do ano 2015, iban a ser iniciados
de xeito inmediato, e todos o mesmo tempo, situación que o único que pode
provocarnos é un bloqueo do departamento, xa que na nosa opinión, sería máis
práctico, que se puxeran en marcha, aqueles que está máis clara a
responsabilidade municipal, caso de contenedores, provocados por falta de
medidas de seguridade na limpeza viaria con desbrozadoras, danos en vehículos,
etc., xa que temos constancia, que algunas denuncias, non hubo continuación por
parte do denunciante, e estes se reactivarían no momento que fixeran nova
reclamación, e deste xeito, se tramitarían os máis claros dos últimos tres
anos, xa que se reduciría a cantidade.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que a
selectividade de prioridades, podería ser encomendada ao funcionario que os ten
recollidos, e sexa parella a aqueles que esté mais clara a responsabilidade
municipal, aos que se debería dar preferencia e resolver no menor prazo de
tempo.
A
Guarda, a 2 de maio do 2.017.
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Os veciños desta vila só importamos no mometo de votar, despois xa non temos dereito a nada mais que malas contestacións por parte do Sr. Alcalde que se molesta moito cando nos queixamos por cantidade de cousas que están mal e hasta chegan a ser perigosas para os cidadans.Como ben dixo alguén "O Sr. alcalde parece que está ahí só pra sair nas fotos porque facer o que se dice facer.... non fae nada".
ResponderEliminarSr.Fariñas: Leva vostede razón, as peticións acumúlanse,non hay responsabels de nada, o alcalde pasa a pelota a un oficinista chuleta , e o oficinista chuleta....é demasiado chuleta pra molestarse en facer nada, e como non hay ninguén que o obrigue queda todo en tal estado.
ResponderEliminar