23 de maio de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CULTURA

O ESCRITOR FRANCISCO ÁLVAREZ "KOKI" PRESENTA SEU NOVO POEMARIO

"Erótica...(dos). Antología de amor (1980 - 2017)"

O sábado día 27 de maio, ás 21:00 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos




José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 A Xunta Rectora e comuneiros da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, seguimos apostando pola Cultura apoiando os nosos conveciños.  

 O próximo sábado día 27 de maio as 21:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, o escritor Francisco Alvarez "KOKI" presentará a súa última publicación literaria "Erótica...(dos)". Estará apadriñado polo profesor e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, veciño da Pasaxe (Camposancos).

 Francisco Álvarez Álvarez (Koki)
 Súa andaina literaria comezouna en Galicia e continuouna en New York, a onde chegou en 1984, á procura de un futuro mellor para súa familia e para él mesmo, sen esquecer endexamais súas orixes e súa identidade, como persoa e como poeta. Da súa actividade alén do Atlántico dan boa testemuña os poemarios e obras en narrativa que ten publicado, así como súa participación en libros de varios autores e tamén en antoloxías poéticas.

 Estades todos convidados o acto.

Ningún comentario: