O PP lamenta que as disputas entre PSOE e BNG lastren a situación da Rúa Concepción Arenal, na Guarda
• Nidia Arévalo critica que “este é un exemplo claro do ritmo desta nova Deputación, hai 20 meses que os veciños están esperando unha solución que non chega”.
• Conchi Ortega pide que “mentres non se poñen de acordo no que queren, polo menos que aseguren o mantemento da estrada”.
A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, e o deputado Julio Alén, visitaron a rúa acompañados pola voceira local do partido, Conchi Ortega
Infogauda / A Guarda
O
Partido Popular critica que “a rúa Concepción Areal, na Guarda,
está cada vez nun estado máis lamentable, cun deterioro evidente provocado pola
falta total de mantemento”. A voceira do grupo provincial, Nidia Arévalo, e o
deputado Julio Alén, visitaron a rúa acompañados pola voceira local do partido,
Conchi Ortega. Lamentaron que, a pesar de que hai máis de ano e medio desde que
a presidenta da Deputación, Carmela Silva, se comprometeu en público a mellorar
esta estrada, “a día de hoxe non hai data para as obras e os veciños continúan
padecendo problemas de seguridade vial neste acceso ao Porto”.
“Os usuarios teñen que esquivar cada día socavóns e os peóns interpretar onde están os pasos para cruzar a vía. Hai falta de seguridade e moitos problemas de tráfico nunha das principais arterias do concello”, denuncia Conchi Ortega.
Pormenor do estado da rúa na parada dos autobuses
Para os populares, “as disputas internas que hai entre PSOE e BNG sobre o
que queren para esta concurrida rúa, están lastrando a súa situación”.
“Hai máis
de ano e medio desde que comprometeron a mellora desta estrada, e neste tempo,
nin deron pasos para executar o proxecto, nin houbo nin unha soa tarefa de
mantemento xustificándose no inicio de unhas obras que non chegan”, critica a
voceira local.
Nidia Arévalo esixe a Carmela Silva “que cumpra a súa palabra e o seu compromiso”
Nidia Arévalo apunta que “este é un exemplo claro do ritmo desta nova
Deputación. Xa pasaron 20 meses e os veciños continúan esperando unha solución
que non chega, pero o peor de todo, é que esta estrada está cada día máis deteriorada”. Por iso, entende, “é
fundamental que non perdan nin un minuto máis e se responsabilicen do seu
mantemento mentres solucionan as súas desavinzas internas sobre o proxecto,
porque coa súa inoperancia están prexudicando aos veciños da Guarda”.
Nidia Arévalo esixe a Carmela Silva “que cumpra a súa palabra e o seu
compromiso. Hai miles de testemuñas que escoitaron a súa promesa en 2015
durante o pregón das Festas do Monte, as mesmas que a día de hoxe comproban o
seu incumprimento e falta de xestión”.
Está deteriorada esa estrada e outras moitas; está claro que os concelleiros non dan importancia a iso, os cidadans se rompemos a cabeza po los baches, pochancas, baldosas soltas, falta de tapas nas arquetas etc..etc.non importa.¡como eles van en coche!a os demais que nos zurzan!.
ResponderEliminar