16 de maio de 2017

A GUARDA

AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DAS PARROQUIAS DE A GUARDA, SALCIDOS E CAMPOSANCOS ESTÁN REMATANDO OS PREPARATIVOS PARA A II FESTA CASTREXA

Por iso convocan as asociacións e propietarios dos negocios de Comercio e Hostelería a unha reunión que terá lugar o xoves día 18 de maio, ás 7 da tarde na Casa dos Alonso

Na imaxe, algúns dos participantes na I Romaría Castrexa
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Asociación Veciñal e Cultural das Parroquias de A Guarda, organizadora da II Festa Castrexa, ven de faer pública á seguinte nota de prensa:

IIª FESTA CASTREXA  

 No nome das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común das parroquias de A Guarda, Salcidos e Camposancos, queremos facer público, que o vindeiro xoves, as 7 da tarde na Casa dos Alonso, convocamos, as asociacións e propietarios dos negocios de Comercio e Hostelería, co fin de dar remate aqueles detalles que quedaron pendientes das xuntanzas anteriores para concretar tódolos aspectos sobre a decoración das rúas e escaparates durante os días 24 e 25 de xuño co gallo da celebración da IIª Festa Castrexa. 

A Guarda, a dezaseis de maio do dous mil dezasete.

Celso R. Fariñas

Ningún comentario:

Publicar un comentario