5 de abr. de 2017

TOMIÑO

“Proxecta Tomiño” é o 1º concurso de vídeo sobre Tomiño que convoca o Concello

Co apoio do Obradoiro de Emprego de Dinamización Turística  


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño ven de faer públicas ás bases que rexerán “Proxecta Tomiño”, o 1º concurso de vídeo sobre Tomiño que convoca o concello tomiñés, e que son ás seguintes:

 OBXECTO  

 O concurso de vídeos pretende dar a coñecer os recursos turísticos do territorio, para que a poboación local e visitantes poidan apreciar o valor do patrimonio e se involucren na súa protección, coidado e difusión. 

 PARTICIPANTES  

 Poboación local e visitantes. terán que elaborar un vídeo que inclúa diferentes recursos turísticos de Tomiño.  A participación suporá a aceptación das bases e a cesión do material.  

 TEMÁTICA  

 Video promocional dos recursos de Tomiño que recolla diferentes elementos do patrimonio cultural, medioambiental, histórico; recunchos con encanto, etc. 

 Establécense diferentes categorías:  
· Festas e eventos culturais, deportivos, etc. 
· Xente, folclore e costumes. 
· Patrimonio histórico-artístico. 
· Natureza, paisaxe e sendas. 
· Gastronomía. 

 Para máis información e inscricións, premer eiquí.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario