CULTURA
O POETA FRANCISCO ÁLVAREZ ÁLVAREZ (KOKI), PARTICIPA NO FESTIVAL KEROUAC VIGO IN NYC
Tivo lugar en Manhattan, no Instituto Cervantes - Auditorio, de New York
O poeta guardés Francisco Álvarez Álvarez (Koki), recitando seus poemas no Festival Kerouac Vigo in NYC, que tivo lugar no Instituto Cervantes, de New Yok
Fotos: Loli
Infogauda / New York
Ven de celebrarse no Instituto Cervantes, de New Yok, o Festival Kerouac Vigo in NYC, un evento que xungue ás cidades de Vigo (Galicia) e New York (USA), no que a poesía española e a estadounidense únense nunha performance vibrante no que se mesturan con vídeo, música e recitación nunha viaxe de ida e volta con Jack Kerouac e a xeración beat como eixo condutor ademais das novas tendencias da poesía contemporánea convertida nunha ponte entre continentes. Unha aposta excitante pola expresión poética como símbolo de vangarda e modernidade.
Nesta segunda edición, que tivo lugar en Manhattan, no Instituto Cervantes - Auditorio 211-215 East 49th Street 10017, de New York (Estados Unidos), o venres día 7 de abril, participaron os poetas Bob Holman, Stevent T. Licardi, Elisa Coronas, Lupita Hard, Malvares de Moscoso, Sheila Fernández, Francisco Álvarez - Koki, Marcos de la Fuente, Aquiles Navarro e Vanesa Álvarez.
O festival poético foi organizado por Marcos de la Fuente, e Vanesa Alvarez, onde nas súas distintas expresións, os poetas, de diferentes países, celebraron a forza da palabra. lendo poemas nas suas linguas.
"Foi emocionante - dixo a Infogauda, Francisco Álvarez - Koki - escoitar os versos de Luis Pereiro, na voz do Rap de Malvares de Moscoso, impresinante demostración poética visual e oral en inglés, galego e castelán.
Tamen tivemos a oportunidade de escoitar o mítico poeta americano Bob Holman".
Este sábado, día 8 de abril, a presentación será no Bowery Poetry Club. Alí recitarán Francisco Álvarez - Koki, Marcos de la Fuente, Yago Vázquez, Lupita Hard, Malvates de Moscoso, Steven T. Licardi e Nikmil Melnechuk.

Ningún comentario:
Publicar un comentario