28 de abr. de 2017

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

BOUZAS ACOLLERÁ AS SEDES INFANTIL E FEMININA DA LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA



Informa: Miguel Fernández Lomba

 A Liga Galega de Hockey Liña volta o pavillón de Bouzas da cidade olívica, nas categorías infantil e feminina o vindeiro domingo día 30. Disputarase a derradeira Sede da competición na categoría feminina e a penúltima para os infantís, aínda que a Sede suspendida no pasado xaneiro xogarase o vindeiro 21 de maio.  

A Guarda Hockey Liña
Foto: A.G.H.L.


 Coas dúas competicións no seu tramo final e con un dominio lucense en tódalas categorías os nenos e as rapazas de A Guarda Hockey Liña tentarán puntuar para non verse descolgados dos primeiros catro postos da táboa, que dan dereito ós playoffs polo título.   

 Na páxina web oficial da Federación Galega de Patinaxe podedes atopar os horarios dos partidos e seguir en directo os mesmos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario