CELSO R. FARIÑAS, CONCELLEIRO DE CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA Á DECRARACIÓN DE RUÍNA PARA UN INMOBLE DE CAMPOSANCOS
As imaxes corresponden o inmoble obxecto da iniciativa que presentou o concelleiro de Converxencia Galega
Fotos: C.G.
Infogauda / Camposancos
O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:
RISCO E PERIGO PARA OS VIANDANTES
Diante dos novos sucesos que acontecen
despois de haber presentado o anterior escrito de data 24.03.2017 e con Rexistro de Entrada nº RC-1669, sobre o inicio do expediente correspondente a declaración de ruína.
S O L I C I T O:
Únase
ao expediente da súa raón e téñase por ampliada a denuncia formulada no escrito sinalado ao principio, en base
aos seguintes feitos:
Nas
ruínas obxeto desta denuncia, esporádicamente veñense realizando (con
nocturnidade) obras de encintado dos restos dos ”muros” que compoñen as
fachadas, tal e como se constata no reporte fotográfico que se adxunta o
presente escrito, carecendo da preceptiva licencia de obra municipal, sin
cumplir, entre outras normas, as mínimas de seguridade, e obviando o atado
entre fachadas para evitar que o esgotamento das mesmas den lugar a que se
veñan abaixo co conseguinte perigo a integridade de persoas e vehículos que
transitan polo lugar. Todo isto feito ca anuencia e deixar facer mirando para
outro lado do Departamento de Urbanismo, presidido polo Sr. Alcalde.
R E I T E R O:
1º.-
Iníciese a maior brevedade posible o EXPEDIENTE
DE DECLARACION DE RUINA e inmediatamente se ordene o/a propietario/a
tome as medidas precautorias para garantir a seguridade que legalmente sexan
sinaladas polos técnicos urbanísticos e xurídicos municipais.
2º.-
Que se me teña por personado e parte, dándome traslado de tódalas actuacións
que se leven a cabo referentes a esta denuncia.
A
Guarda, a 06 de abril do 2.017
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
A Guarda


Ningún comentario:
Publicar un comentario