10 de abr. de 2017

A GUARDA

O Concello iniciou os traballados de limpeza das praias e areais da Guarda a comezos de abril   

Praia de O Forte - tamén coñecida internacionalmente como Praia do Muiño -, en Camposancos (A Guarda)
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Unha vez rematado o inverno e superados os diversos temporais que sufriu o litoral guardés, achégase o bo tempo e a época de praia á Guarda. Neste semana espérase unha gran afluencia de visitantes e a vila xa leva días preparándose para elo.  

Praia de Area Grande

 O Concello empezou nos primeiros días deste mes de abril os traballos de limpeza das súas praias e areais. Estas tarefas están sendo realizadas por 4 operarios de limpeza de praias, que foron contratados polo Concello da Guarda grazas a unha subvención encadrada na Liña 3 (emprego para conservación e funcionamento de ben e servizos municipais) do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.  

Praia de Fedorento

 Esta actuación permitirá que guardeses e os visitantes que se acheguen nos próximos días e durante a época de primavera-verán podan desfrutar dos tesouros naturais da vila nas mellores condicións posibles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario