AMPLO PROGRAMA PARA A
SEMANA SANTA NA GUARDA
A Rede de Museos, visitas guiadas ao
Monte Santa Trega e ao casco antigo e castelo, as celebracións relixiosas e as
Festas de Buxán forman un completo programa de actividades que permitirán que
veciños, visitantes e turistas gocen da Semana Santa na Guarda.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda ofrece un interesante programa para a Semana Santa onde as visitas guiadas serán protagonistas. Estas visitas guiadas son gratuítas e están dirixidas a todos os interesados e deste xeito podan descubrir o patrimonio e historia do Monte Santa Trega e do casco urbano. Para asistir as visitas non é preciso inscrición previa tan presentarse á hora de comezo no punto de encontro.
Como novidade esta Semana Santa ofrécense
visitas guiadas polo casco antigo e Fortaleza de Santa Cruz que permitirán
coñecer a historia da Guarda a través do patrimonio percorrendo as rúas e
prazas do casco histórico incluíndo o Castelo de Santa Cruz. As visitas
comezarán ás 12.00h e realizaranse do sábado 8 ao sábado 15 de abril cunha
duración de 90 minutos. Punto de comezo: porto da Guarda
(diante da Igrexa de San Benito)
Ademais como cada ano realizaranse visitas guiadas ao Monte
Santa Trega de 30 minutos de duración pero en dous formatos e que
permitirán dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico, a paisaxe e a
relixiosidade. Con motivo do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega
realizaranse visitas guiadas ao MASAT nas que se amosarán as pezas
expostas no museo que foron atopadas durante as escavacións do castro. De
martes 11 a sábado 15: Punto de comezo: entrada do Museo ás 12.00h, 13.00h e
17:00h. Sen esquecer as habituais visitas ao Castro de Santa Trega. De
xoves 13 ao sábado 15: ás 11.30 – 12.30 – 13.30 / 16.00 – 17.00 – 18.00 e punto
de comezo: Explanada da casa Forestal. Casa en pedra que se atopa despois de
cruzar a zona escavada do castro.
En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:
· MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns).
· MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
· CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00
· CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS FORTALEZAS DO MIÑO. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
· MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns).
· MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
· CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00
· CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS FORTALEZAS DO MIÑO. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00
A previsión é que o ferry de A
Guarda – Caminha retome o seu funcionamento a partir do sábado 8 de abril.
Para atender as consultas habilitarase
un punto de información turística no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa
Trega, do martes 11 ao sábado 15 de abril de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h.
Para calquera dúbida, pódese chamar ao tel. 986 61 45 46.
A Semana Santa na Guarda xa comeza o
venres 7 de abril coa celebración da Procesión Venres de Dor dende a Igrexa de
Santa María as 21.00h.
Ademais este fin de semana poderase
degustar a lamprea coa Ruta do Pincho da Lamprea do Miño e en 8 bares e
restaurantes. Esta é a última fin de semana para degustar a lamprea nun formato
pincho a un prezo de 2 €.
Outra novidade
para a Semana Santa da Guarda ven da man das Festas da Pascoa de Buxán que
celebran a primeira edición do Blessed
Festival Buxán que ofrecerán música cun interesante cartel
de Djs na Praza de Buxán dende as 23.00h
O domingo 9 terá lugar uns das celebracións
relixiosas máis esperadas polas familias coa Bendición de Ramos e palmas no Auditorio
da Praza de San Benito e despois misa cantada na Igrexa Parroquial.
Os eventos relixiosos máis destacados son as procesións. O xoves
santo destaca a Procesión dos pasos ás 20.30h e o venres santo ás 11.00h
Procesión do Santo Encontro e ás 20.30 a Procesión do Santa Enterro.
A Semana Santa da Guarda pecha coas Festas da Pascua de Buxán. O
sábado 15 destacan os concorridos con xogos populares ás 16.00h e a verbena a
partir das 23.00. O domingo 16 reservase a mañá para zorzada e polbo á feira e
amenizada polo grupo Airños do Folón. Para a tarde a festa do biscoito ás
16.00h e ás 19.30h o broche ás festas será a cargo da actuación do Grupo
Abróbiga.
Máis info en www.turismoaguarda.es ou no Facebook
Turismo A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario