REMATA O PERÍODO VOLUNTARIO DE PAGAMENTO DOS RECIBOS DA TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO, EXERCICIO 2017
O vindeiro día 7 de abril de 2.017
Francisco Alonso / A Guarda
O vindeiro día 7 de abril de 2.017 finaliza ó período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes á Taxa pola recollida do lixo, exercicio 2.017.
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da misma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria (Rúa José Manuel Andreini, 6 Bajo – Teléfono: 986 60 90 67) ou a través da páxina web do Concello de A Guarda (Impresos >Trámites e impresos > Cartas de pagos), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pago nin da vía executiva.
Infórmase, ademáis, que a partir de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.
Comunícase tamén que dende o día 1 de abril ó 7 de xuño de 2.017 estarán ó cobro en período voluntario de pagamento os recibos correspondentes ó Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica exercicio 2.017.
Oficina Xestión Tributaria
Concello de A Guarda.
Rúa José Manuel Andreini, 6 Baixo
Teléfono /Fax: 986 609 067
Ningún comentario:
Publicar un comentario