7 de abr. de 2017

A GUARDA

O Partido Popular dí que o goberno de A Guarda, apoiado por outros grupos da oposición, rexeita ter de inmediato solo industrial na vila  

Conchi Ortega (voceira do PP): Pedimos a paralización das obras da Praza do Reló, mentres non se tivera claro o que se quere facer, o BNG apoiou ao Goberno nesta desfeita.  

O PP lamenta que o goberno socialista non queira nin escoitar as propostas dunha iniciativa privada en materia de Turismo, e as rexeite no pleno

Ortega: Votamos en contra da proposta do BNG de peonalizar Concepción Arenal na actual situación, porque é a única alternativa para acceder ao Porto.

Imaxe facilitada polo PP - A Guarda


 Infogauda / A Guarda

  Conchi Ortega, voceira do PP na Corporación Municipal do Concello de A Guarda ven de afirmar que “o  Partido Popular da Guarda quedou só na súa proposta (a única viable a día de hoxe), de ter solo industrial de inmediato, segundo o plan urbanístico vixente na Guarda. Os argumentos do BNG foron “que non tiña moito tamaño” esta zona de San Roque. Pois o Partido Popular pensa que con se unha sola empresa puidera establecerse, xa valería a pena polo emprego e as siñerxias que xeraría. Segundo os cálculos dos populares, e sen afondar moito, poderían entrar mais de 10 naves como a do supermercado mais grande que hai en San Roque, por facer unha comparativa visual fácil.  

 Segundo a portavoz popular Conchi Ortega: “Algúns concelleiros aproveitaron a oportunidade para facer política autonómica con esta moción, en vez de mirar polo futuro do traballo e do  concello, están máis en Santiago ou en Vigo que na Guarda”.  

 Os populares  lamentan tamén que unha demanda urxente dos veciños: que se parase de facer buracos na Praza do Reló, tampouco tivese apoio.  O resultado foi que o Alcalde socialista ao luns seguinte do pleno, mudou o trazado e fixo buracos por outro sitio distinto na soleira de pedra da Praza do Reló, xa que a  moción de paralizala obra mentres non se soubera o lugar idóneo, non prosperou.  

 “Sabemos - engade Conchi Ortega - que outros grupos, por moi boa que sexa para os guardeses unha moción do Partido Popular de A Guarda, non poden votala a favor só porque o propón o PP, por atender ás directrices de Santiago, pero ben que corren ao día seguinte á prensa a denunciar o que no pleno denunciou o Partido Popular. Todo é “coherencia” no BNG: primeiro se absteñen da nosa moción de paralizar a desfeita do alcalde na praza do Reló, e logo din o contrario na prensa”. 

 Conchi Ortega afirma: “Nós votaremos a favor de tódalas propostas que consideremos adecuadas para a Guarda, e que conten co consenso dos veciños, veñan de quen veñan, as siglas non nos importan. Os plenos convócanse para decidir sobre cuestións de A Guarda, non para aproveitar a rachar contra o Partido Popular e facer ruído. Nós os populares non facemos así, de feito votamos a favor dunha mocion sobre os arranxos do temporal, ainda que xa levaban traballando a Xunta no dique dende o 10 de marzo”.  

 Igualmente os populares senten que as súas propostas de turismo non foran tidas en conta, como colocar vallas publicitarias, adecentar as rotondas, poñer indicadores dos puntos de interese nas rúas e colocar casetas de turismo nas entradas da vila. “Sabemos que chega a Semana Santa e que nin haberá persoal no Trega para informar a os turistas”, afirmou Conchi Ortega.  

 A voceira popular di que lamenta moito máis que as propostas da iniciativa privada, a que está a crear emprego na Guarda, a que atrae e da servizo os turistas, non só non se teñan en conta polo goberno e certos grupos da oposición, senón que nin siquera se lles deixe falar no pleno.”   

 Conchi tamén se queixa da inacción do goberno socialista: “Os populares fixemos rogos e preguntas dos veciños que no nos foron respostados, podemos pór como exemplo que levamos varias sesións pedindo o borrador dunha ordenanza de Asuntos Sociais para emerxencia aprobada en pleno, e ainda non escoitamos unha sola palabra por parte da Concelleira delegada de cando a vai  traela” .   

 Igualmente o Partido Popular di que leva dous anos pedindo unha ordenanza para cobrar servizos do GES, asi como mellorar as condicións de traballadores pero tampouco parece que sexa unha prioridade para o goberno municipal.  Respecto deste asunto, a voceira remata dicindo: “Alguén terá que dar explicación dos cartos que estamos a perder por isto, que se quedan na súa maioria nas compañias de seguros, enriquecendo as compañias cos cartos dos guardeses e todo por non traer un documento a pleno”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario