15 de mar. de 2017

TOMIÑO

Aberto o prazo para apuntarse ao exame de obtención do título de competencias dixitais en ofimática, “CODIX”, da Xunta de Galicia  


Infogauda / Tomiño

 A partir deste mércores día 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para realizar o exame de obtención do título de competencias dixitais en ofimática, “CODIX”, da Xunta de Galicia.  

 Como todos os anos, a Aula CeMIT de Tomiño será un dos lugares onde se poderá realizar a proba, que terá lugar o xoves día 27 de abril ás 10:00 da mañá.  

 As persoas interesadas en conseguir esta titulación non teñen máis que ser  usuarias rexistradas da Rede CeMIT e inscribirse.  

 Para as persoas que queiran prepararse para facer o exame, estanse a facer unha serie de cursos de ofimática na Aula CeMIT tomiñesa, aínda que non é requisito para realizar a proba, xa que calquera que xa teña os coñecementos, ou os prefira preparar pola súa conta, pode facelo pola súa conta.  

 Por outro lado, asistir aos cursos tampouco implica ter que facer o exame.  

 Para máis información, chamar ao teléfono 986 623 304, mandar un correo electrónico a cemit.tomino@xunta.gal ou vir a Aula CeMIT, situada  no parque do Campo da Feira, de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas, e  martes e xoves, de 19:15 a 20:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario