O BNG denuncia que o Partido Popular non ten vontade de dar solución á deficiente situación das depuradoras de Oia
BNG / Oia
Fronte a uns orzamentos do PP sen ambición nin proxecto de País, que consolidan os recortes e desigualdades, desde o BNG presentamos 350 emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza que aportan un xiro social, polo emprego de calidade e cun programa ambicioso de País que permita poñer fin ao espolio dos nosos recursos.
Das 350 emendas presentadas polo BNG 1 tiña que ver directamente co Concello de Oia, onde se defendía e solicitaba unha partida orzamental para a mellora do servizo das SMA'S.
Con todo isto o Partido Popular cegouse pola soberbia de ter maoría, executando e gobernando sen pensar nas veciñas e nos veciños de Oia, votando en contra de esta e das 350 emendas presentadas no Parlamento Galego polo Bloque Nacionalista Galego. Foron 350 NONS que converteron o debate dos orzamentos, o debate máis importante do ano, nun trámite burocrático. O PP fixo unha emenda á totalidade á democracia negándose a dialogar e a provocar cambios que sexan útiles para mellorar a vida das persoas e facer progresar a Galiza.
Por outra banda, a rexedora de Oia, Cristina Correa, na actualidade ten a oportunidade, a través da partida orzamental que recibíu do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra (433.637,55€) a destinar unha parte importante para acomenter o traslado destas depuradoras, ou, construír unha nova mini EDAR, a pesar de que os problemas de malos cheiros derivan dun nulo mantemento por parte do Concello,e, foron instaladas na localización actual a petición do Concello.
Así mesmo cabe resaltar que as plantas das depuradoras foi financiada a través do proxecto Deputrans con fondos europeos que está a ser investigado polas autoridades europeas ante a falla de xustificación económica achegado polo goberno provincial cando gobernaba o mesmo partido político que agora goberna o concello de Oia, o Partido Popular.
Por tanto, desde o BNG de Oia agardamos que o grupo de Goberno xestione axeitadamente a partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, destinando unha parte deste orzamento para a mellora do servizo das depuradoras,e , a súa vez colabore e sexa transparente ante as autoridades europeas, pudendo incluso, presentar denuncia propia ante a Unión Europea para clarexar os feitos.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario