15 de mar. de 2017

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL FELICITA A ALBA RODRÍGUEZ VIDEIRA, DA ESCOLA MARCANDO PASOS 

Polos seus logros na 1ª fase do Concurso Anual de Danza ANAPRODE 2017  

Alba Rodríguez Videira
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 Alba Rodríguez Videira, veciña do Rosal ven de proclamarse campiona na 1ª fase do concurso anual de danza ANAPRODE 2017 que tivo lugar en Avilés (Asturias) os días 11 e 12 de marzo e que reuniu a centos de mozas e mozos das escolas de baile máis prestixiosas do norte de España. Escolas de toda Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e norte de Castela-León déronse cita para representar ás súas provincias nas modalidades de baile elixidas por cada centro. As persoas clasificadas nesta final da 1ª fase do Norte de España, irán a Tarragona á Fase Final Nacional os días 5, 6 e 7 de maio de 2017.  

 Alba, natural de Martín no Rosal e de 17 anos, xa amosou a súa afección cando con tan só 6 iniciouse no aerobic. Posteriormente con 9 anos foi á escola de baile Xamaraina na Guarda, e con 14 anos á escola de baile Marcando Pasos, de Nigrán, onde estivo estes últimos anos e onde se preparou coas súas compañeiras para clasificarse coma unha das mellores escolas de baile do norte de España. 


 Alba acadou o primeiro premio individual con mención especial do xurado na modalidade de Danza Urbana, e dous primeiros premios grupais na modalidade Fusión. 

 O Concello do Rosal dálle á noraboa a Alba e desexálle moitos éxitos na súa andadura artística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario