19 de mar. de 2017

LABORAL

José Manuel Ramos Varela, elixido novo secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia de CCOO 


Nova Executiva da FSC de Galicia

Infogauda / Galicia

 Xunto con Ramos, formarán parte da nova Executiva da Federación Carmen Buján Gómez, José Emilio Doforno Guzmán, Mónica García Rodríguez, Plácido José Cazón Lamas, M.ª Carmen Rodríguez García, Fernando A. Fernández González, Carmen Botana Budiño, Ramiro Otero Rodríguez, Mar Costas Otero, Nuria Rodríguez Lema e Severino Rodríguez Vázquez.

Unha Federación que aglutina varios sectores   
A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO aglutina os sectores de Administración do Estado, Autonómica e Local; os sectores Postal, Aéreo, de Medios de Comunicación, Xustiza, Estradas, Ferroviario, Telecomunicacións e Mar.   

 José Manuel Ramos, de 52 anos de idade, é ourensán afincado en Vigo e provén do Sector Postal, do que era secretario xeral en Galicia. No seu discurso de clausura, Ramos subliñou que traballarán para que CCOO sexa a primeira referencia sindical de Galicia nestes sectores.

Ningún comentario: