19 de mar. de 2017

LABORAL

A FSS-CCOO de Galicia reelexiu a Angel Cameselle Corbacho como Secretario Xeral no seu VIII congreso  

Imaxe do Secretario coa Executiva

Infogauda / Sanxenxo

 A Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia (FSS-CCOO de Galicia) celebrou o día 16 de marzo na vila de Sanxenxo o seu VIII congreso, no que reelexiu para o seu segundo mandato a Angel Cameselle Corbacho. Do mesmo xeito elexiuse a nova executiva federal.

 O VIII Congreso da FSS-CCOO contou coa presenza dunha representación da Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO encabezada polo seu Secretario General, Antonio Cabrera.  

 No mesmo resultou reelexido como Secretario xeral Angel Cameselle Corbacho, que cumprirá o seu segundo mandato. Do mesmo xeito elexiuse a nova Comsión Executiva que se renovou nun 50%, e que contará cunha porcentaxe dun 70% de mulleres e un 30% de  homes, e da que formarán parte Emilia Lamas Seoane, Mª Luz Fernández Tuñas, Celia Iglesias Franco, Ana Belén Puga Bello, Marisol Alvarez Fernández, Alfonso García Blanco e Javier González Castro.  
 O secretario fixo un repaso do traballo da Federación nestes últimos catro anos, así coma dos retos e obxectivos para o vindeiro período. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario