24 de mar. de 2017

LABORAL

Nova protesta contra os despidos no grupo Eroski en Vigo 

A CIG desenvolveu unha concentración nun supermercado da cadea en Mos

Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais da central concentrouse nesta ocasión ás portas dun supermercado da empresa vasca de distibución en Mos
Foto: CIG

Infogauda / Mos

 A CIG-Servizos desenvolveu hoxe unha nova mobilización contra a vaga de despedimentos no grupo Eroski en Vigo. Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais da central concentrouse nesta ocasión ás portas dun supermercado da empresa vasca de distibución en Mos, onde despregaron unha faixa e berraron consignas contra a represión laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario