17 de mar. de 2017

A GUARDA

NOVA CITA CO CINEMA INFANTIL 

Este sábado día 18 de marzo, ás 17:30 h., no Centro Cultural 


Infogauda / A Guarda

 Os rapaces da Guarda terán ocasión de desfrutar un día máis co mellor cinema infantil, na tarde do sábado día 18 de marzo, ás 17:30 horas,  no Centro Cultural.  

 A película deste sábado será HOME, que nos achega a historia de Tip , unha nena moi resolta que coñece a OH, un alieníxena irritantemente optimista que esta a huir dos demais alieníxenas Boov, que invadiron o planeta. A estrana parexa, unha vez vencidas as diferencias iniciais fanse bos amigos, e xuntos logran superar curiosas aventuras e aprender novas cousas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario