Aprazamento da barferencia “A xestión do bosque e do monte polas comunidades da Idade de Ferro”
Por motivos de saúde da conferenciante, será o venres día 24 de marzo
María Martín-Seijo
Foto: USC
Infogauda / A Guarda
A barferencia programada para este venres día 17 de marzo, no restaurante O Forte (Praia de Camposancos) aprázase para o vindeiro venres día 24 de marzo por motivos de saúde da conferenciante.
Será por tanto o vindeiro venres 24, ás 20:30h., no Restaurante O Forte, cando María Martín-Seijo, investigadora da Universidade de Santiago, especializada en arqueobotánica comparta cos alí presentes os seu estudios sobre o mundo do bosque na Idade do Ferro, e máis concretamente, nos explique as especies máis habituais e uso que as súas xentes lle daban na época castrexa.
Coa celebración desta charla cerrarase o ciclo de Barferencias 2016/2017.
Ningún comentario:
Publicar un comentario