MENÚ DO ENTROIDO: UNHA APETITOSA PROPOSTA GASTRONÓMICA
Do venres día 24 ao martes día 29 de febreiro de 2017
Infogauda / A Guarda
Hai moitos xeitos de celebrar o Entroido, e unha delas, sen dúbida das máis satisfactorias, é o disfroite da gastronomía tradicional galega, coa familia e amigos. E como non podía ser doutro xeito, o municipio de A Guarda, todo un referente do bo xantar, en calquer época do ano, ofrece unha apetitosa proposta para as vindeiras datas de celebración festiva.
Dese xeito, o Concello de A Guarda, coa participación de sete restaurantes (Arruaz, Brisamar, Camping Santa Tecla, La Pizzicata, Novo Funil, Xantar e Xeito) organiza a proposta denominada Menú do Entroido. Así, desde o venres día 24 ao martes día 29 de febreiro, nos devanditos establecementos da hotalería local, podemos xantar ou cear o Menú do Entroido, no que o prato típico é Lacón con grelos.
O Menú do Entroido consta de:
1º Caldo.
2º Lacón con grelos.
Sobremesa: Filloas ou orellas de Entroido.
O prezo do cuberto é de 15 euros/persoa. Inclúe viño e café.
Así pois, ademais de unha ampla programación festiva, para tódolos públicos, A Guarda ten todo o necesario para o pleno disfrute destas datas do Entroido.
Recoméndase reserva previa, directamente nos restaurantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario