III Torneo de Nadal Benxamín e Prebenxamín da AD Tomiño
O torneo celebrarase na Carballa o sábado 7 de xaneiro
Gonzalo Lomba / Tomiño
Un ano máis a A.D. Tomiño celebra o seu tradicional Torneo de Nadal das categorías Benxamín e Prebenxamín. O torneo celebrarase na Carballa o día 7 de xaneiro e nel daranse cita dez clubs da contorna.
O torneo, que dará comezo ás 9:30 da mañá e estenderase ata ben entrada a tarde nas súas rondas finais, contará coa participación de Goián FC, Sporting Guardés, UD Atios, Gondomar Fútbol Base, CD Pontellas, Porriño Industrial, Erizana CF, Sárdoma CF e Rápido de Bouzas, ademais, por suposto, dos anfitrións da AD Tomiño.
A directiva da A.D. Tomiño quere invitar a pais, nais, familias e público en xeral a achegarse á Carballa e desfrutar dunha xornada festiva co mellor fútbol das categorías Benxamín e Prebenxamín.

Ningún comentario:
Publicar un comentario