HOMENAXE PÓSTUMA A CELEDONIO CRESPO CARABELOS
Domingo, día 8 de xaneiro, ás 12:30 horas, na Praza-Mirador do Concello de Oia
Infogauda / Oia
O domingo, día 8 de xaneiro, ás 12:30 horas, na Praza-Mirador do Concello de Oia, celebrarase un acto de homenaxe póstuma a Celedonio Crespo Carabelos (Alguacil do Concello de Oia dende 1977 ata 2008).
Félix Gómez Fidalgo, escultor de Martín (O Rosal)
Foto: Santiago Baz Lomba
Nesa homenaxe o gratamente relembrado "Nono Ó Alguacil", como lle chamaban amicalmente, que faleceu o día 04 de outubro de 2014; será inaugurado o busto (obra de Félix Gómez Fidalgo, de Martín - O Rosal), e actuará a Coral Polifónica Vagalume, fundada en novembro de 2001, en Viladesuso (Oia).
Coral Vagalume, de Oia, da cal foi compoñente activo Celedonio Crespo Carabelos
Foto: C. V.
Ademais de haber sido membro da Coral Vagalume, Celedonio Crespo Carabelos, desempeñou tamén á labor de secretario, na xunta directiva presidida por Néstor Estévez Pérez.
Por moitas razóns, consideramos todo un acerto que o Concello de Oia, presidido pola alcaldesa Cristina Correa acordase organizar esa merecida homenaxe a unha persoa de trato afable e servicial, entre outras moitas cualidades humanas, polas cales sempre estará na memoria de tódalas persoas que tiveron a sorte de coñece-la e trata-la, e que por desgraza xa non está entre os seus, familiares, amigos e veciños de Oia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario