ECONOMÍA DESTINA 133.000 EUROS Á CREACIÓN DE ESPAZOS DE EMPRENDEMENTO COMERCIAL E MELLORAS DE PRAZA DE ABASTOS BAIXO MIÑO
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que estas axudas supuxeron case 2 millóns de euros en toda a provincia durante o 2016
Grazas a esta colaboración mellorouse a praza de abastos de Tomiño
Infogauda / Baixo Miño
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá os dous millóns de euros destinados a potenciación do comercio local e das prazas de abastos da provincia destacando os 133.000 euros destinados a este fin na comarca do Baixo Miño.
Grazas a estas subvencións, tal e como destacou Cores Tourís, mellorouse a praza de abastos de Tomiño e recibiron axudas específicas para comerciantes e prazas de abastos as asociacións dos concellos de Tui, A Guarda e Tomiño.
A nivel provincial, destacar os 244.000 euros destinados á subvencións aos concellos para a creación de espazos de emprendemento comercial, os 600.000 euros destinas a axudas para a revitalización do comercio de proximidade e potenciación dunha rede galegade mercados de abastos excelentes así como as subvencións ás asociacións de comerciantes e de prazas de abastos ás que se destinaron 1,1 millón de euros.
O delegado territorial destacou que as empresas dedicadas ao sector comercio en Galicia superan as 46.600, “o 35% delas atópanse na provincia de Pontevedra. Non podemos esquecer que o comercio de Galicia é unha das nosas maiores fontes de riqueza e cohesión social, de aí a súa importancia, non só para a economía senón tamén dende o punto de vista social e urbano”.
Tal e como recordou José Manuel Cores Tourís, noconxunto da Unión Europea, o comercio achega un 11% ao Produto Interior Bruto e preto do 15% do emprego. “En Galicia, o peso do Comercio na economía é superior, alcanzando o 11,4%1 do PIB total e achegando en torno ao 17%2 do emprego. De feito, somos a quinta comunidade autónoma que máis persoas emprega no sector do Comercio”, engadiu.
Neste senso, a Consellería de Economía e Industria, consciente da importancia social e económica do comercio galego, segue apostando por un sector forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado. “Ésta é a razón da posta en marcha do presente Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio Galego 2015-2020, cuxo obxectivo fundamental é o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector, e que ten entre os seus obxectivos o apoio á creación de empresas comerciais, co fin de impulsar as novas ideas, a competitividade e o emprendemento”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario