29 de xan. de 2017

A GUARDA

CULTURA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “CAMIÑOS DA IMAXE”, SOBRE O FOTÓGRAFO E CINEASTA JOAQUÍN GARCÍA “COSTIÑA”

O venres día 3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Vila



Infogauda / A Guarda


 O venres día 3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da Vila, terá lugar a presentación do libro Camiños da Imaxe - Joaquín García Portela, coordinado por Xurxo González e Beli Martínez, no que se recolle a biografía do fotógrafo e cineasta guardés “Costiña”.

 Ademáis da presentación desa publicación sobor de Joaquín García Portela, a quen o Concello da Guarda lle adicou no verán de 2016, unha exposición retrospectiva, na que se mostraba o legado fotográfico e fílmico deste fotógrafo guardés; no acto do venres tamén serán proxectados os filmes de “Costiña”

 O mesmo venres, tamén será aberta a exposición de fotografías da autoría do fotógrafo guardés, e que nos días posteriores poderá visitarse no Centro Cultural da Guarda.

 Compre relembrar que as películas de Joaquín García Portela son as primeiras imaxes en movemento, das que ata agora se ten coñecemento na Guarda. Nelas recollénse tanto esceas familiares, protagonizadas maioritariamente por súas fillas, como labouras cotiás (atadeiras, pescadores, ...) e mesmo celebracións populares, gravadas polo fotógrafo guardés en varios lugares da Guarda, como Ribadavila, Cividans, A Mariña, etc..   

Ningún comentario:

Publicar un comentario