4 de xan. de 2017

A GUARDA

O BNG INSTA AO ALCALDE A INFORMAR AOS VECIÑOS

Sobre a futura estación de gas natural na Guarda  

Dende o BNG instan ao Alcalde a que facilite o expediente e un técnico que resolva as dúbidas aos guardeses e guardesas  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda


Infogauda / A Guarda


 O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no rexistro do concello instando ao Alcalde da Guarda a facilitar o expediente de concesión dunha infraestrutura gasista para distribución de gas natural canalizado para a Guarda, así como asesoramento técnico para informar aos veciños da Guarda.  

 Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello guardés afirma: Esta concesión administrativa é competencia autonómica, polo que o acceso ao expediente para poder examinalo faise máis dificultoso dado que hai que trasladarse a Pontevedra ou a Santiago de Compostela.  

 “O Alcalde ten que tratar de facilitar o acceso a documentación sobre a futura instalación de gas natural, aínda que sexa unha concesión autonómica”, comentou Ángel Luis Baz Vicente.  

 Ante isto - engadiu Baz Vicente -, o BNG considera que o Alcalde e o goberno municipal teñen que facer todo o posíbel para achegar o expediente a calquera persoa que queira examinar o proxecto para poder presentar alegacións sen que teña que afrontar gastos en desprazamentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario