A CABALGATA DOS REIS MAGOS VIU FARTURENTA DE ILUSIÓN PARA TODOS
Melchor, Gaspar e Baltasar motivaron a sair ás rúas da vila a cativos e maiores de tódalas edades
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Se hubéramos feito unha solicitude pedindo ter un día óptimo para poder disfroitar da Cabalgata dos Reis Magos, non hubéramos, con certeza, tido un resultado climatolóxicamente falando, tan bó. Deste xeito, o día 5 de xaneiro de 2017 será relembrado como unha xornada magnífica, que motivou que guardeses e veciños da contorna, saísen ás rúas da vila para disfroitar dunha tarde con unha temperatura primaveral, aínda estando, como todo o mundo sabe, no inverno.
Cando ían ser ás 18.00 h., fixeron súa notoria entrada na vila, tres vehículos da Policía Local, nos cales, en cadanseu ía un dos Reis Magos. No que abría a comitiva real, ía o alcalde Antonio Lomba Baz, que previamente había recibido as SS. MM. cando chegaron o municipio. E deseguido, partirían rápidos en dirección o Paseo de Portugal, onde lles agardaban os paxes reais, as carrozas, os xóvenes da Charanga Os Zanfonos, os activos compoñentes do Grupo de Gaitas do Club de Maiores de A Guarda e unha dinámica e vistosa representación do Grupo Xamaraina.
E pouco despois da devandita hora, comezaría a Cabalgata propiamente dita, na que maiores e pequenos puderon bar á benvida os Reis Magos, que correspondían saudando a toda á numerosa concurrencia que os agardaba polas beirarrúas da vila. No seu percorrido ían botando caramelos sen gluten e seu azucre, para que todos poideran saborea-los sen ningún tipo de problemas.
Compre destacar que foron miles de persoas as que decidiron vivi-la Cabalgata de Reis na vila de A Guarda, e que logo de ver pasar a Melchor, Gaspar e Baltasar, achegáronse ata a Praza do Reló, xa que na Casa dos Alonso, tería lugar a Recepción Real, na que debidamente organizada, tódolos picariños puderon falar coas SS. MM., recibir un pequeno agasallo e vivir de preto a maxia real, horas antes de recollerse nos fogares familiares e agardar con toda a ilusión, a visita dos Reis Magos na madrugada do día 6 de xaneiro.
Sen lugar a dúbidas, podemos afirmar que a Cabalgata dos Reis Magos, foi un éxito total, o cal contribiu, como antes salientamos, a excelente climatoloxía que estamos disfroitando, a magnífíca resposta dos veciños de A Guarda e dos pobos veciños, e tamén, de xeito moi directo, os compoñentes da Agrupación de Protección Civil e da Policía Local, así como de varios concelleiros que seguiron de preto o desenvolvemento dese evento, que transcorreu sen ningunha incidencia.






Ningún comentario:
Publicar un comentario