19 de xan. de 2017

A CRUZADA (A GUARDA)

O PARTIDO POPULAR DA GUARDA ESIXE A FINALIZACIÓN DA URBANIZACIÓN DA RÚA A CAL 

O Grupo Popular asume a moción presentada polo CCD que ao non ter representación municipal a día de hoxe, non a pode defender.  

Os populares consideran que os veciños desa rúa, na zona de riba, a que pasa pola Fonte da Cal, merecen o mesmo trato ca o resto.  

Cruceiro, fonte e lavadoiro da Cal, no barrio da Cruzada
Foto: PP A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Grupo Popular da Guarda vai defender, para o seu debate na próxima sesión plenaria, unha moción na que se lle esixe ao Goberno Local a finalización do proxecto e das obras da urbanización da Rúa a Cal, unha moción presentada do CCD que non pode defender ao non ter representación municipal e que asume o Partido Popular. A voceira popular, Conchi Ortega Martínez, explica que “desde o PP preguntamos en varias ocasións ao grupo de Goberno por esta última fase de urbanización da rúa A Cal, pero as respostas foron ambiguas e nada satisfactorias. Ao coñecer por rexistro que o CCD presentara esta moción e non a pode defender no pleno, pensamos que primeiro son os veciños afectados e non as siglas, decidimos como grupo asumila como propia e defendela no próximo pleno ordinario de xaneiro”.   

 A Rúa A Cal foi urbanizada polo Goberno local no tramo desde a Rúa Enrique María Sexto ata a Rúa Circunvalación, con cargo a varios plans do anterior goberno da Deputación, pero falta a zona de riba, a que pasa pola Fonte da Cal por urbanizar. Un agravio comparativo entre veciños da mesma rúa”, critica Conchi Ortega.  

 A voceira do PP explica que “agora que sabemos o reparto do Plan Concellos da Deputación, no que lle corresponden por poboación máis de 700.000 euros á Guarda, cremos que é o momento de que se  finalicen as obras desta rúa de unha vez”.  

 “O grupo de Goberno xa non ten desculpas posibles para non abordar a execución da obra, non só o proxecto, que poña fin a esta discriminación de estes veciños da Rúa A Cal, na zona da Cruzada, unha rúa moi transitada tamén polos resto de guardeses que queren acceder á Fonte da Cal, afirma Conchi Ortega.  

 Así mesmo, o PP subliña que ademais desta hai outras rúas pendentes por mocións aprobadas en pleno presentadas ou votadas a favor polo Grupo Popular (como por exemplo facer beirarrúas e iluminación no 3º Transversal Os Bechos que vai ata o Conservatorio) que non parece que estean nos plans do Goberno local nin teñan intención de abordar, algo co que o Grupo Popular discrepa”, e así o manifestaron ao votar en contra dos orzamentos.      

Ningún comentario:

Publicar un comentario