28 de dec. de 2016

SALVATERRA DE MIÑO

A Deputación de Pontevedra adxudica a contratación do campo de fútbol de herba sintética de Salvaterra de Miño 

A empresa COVSA, cun orzamento de 350.594 €, será a encargada da realización da obra nun prazo de 4 meses  

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra 
Foto: D. P.


Infogauda / Salvaterra de Miño

 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe o contrato para a execución da obra que vai permitir que o concello Salvaterra de Miño conte cun campo de fútbol de céspede sintético, en concreto en Fornelos-Oural.  

 Esta actuación, que foi adxudicada á firma COVSA entre as 20 empresas presentadas a concurso e que comezará de xeito inmediato, desenvolverase nun prazo de 4 meses e contará cun orzamento de 350.593,77 €.  

 A Deputación de Pontevedra achegará o 75% do orzamento e o concello de Salvaterra o 25% restante para este proxecto que reformulará o campo de fútbol de terra actual para introducir céspede artificial, garantindo a seguranza das cativas e dos cativos que practican este deporte. Amais, tamén se instalará unha rede de rego e nova iluminación así como se mellorarán todas as instalacións necesarias para a correcta utilización deste campo de fútbol, colocando 2 porterías de fútbol 11 e 4 de fútbol 7, para as máis cativas e cativos, dúas bancadas de xogadores e bandeiríns de córner flexibles.  

 Con esta adxudicación dáse resposta ás demandas da veciñanza do concello, que reclamaba con urxencia as actuacións que de xeito inmediato se desenvolverán en Fornelos-Oural".

Ningún comentario:

Publicar un comentario