7 de dec. de 2016

PESCA

APROBADA NO CONCELLO GUARDÉS A MOCIÓN DO BNG EN APOIO DOS MARIÑEIROS DO ESPADA 

“Para o BNG é un problema político que o PP debe solucionar politicamente”  


Ángel Luis Baz Vicente e Xan Lois Lomba Alonso


Infogauda / A Guarda

 O pleno do Concello da Guarda aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG en apoio dos mariñeiros afectados polos coeficientes redutores que traballan en barcos como os do espada

 “Para o BNG - dixo seu portavoz municipal, Ángel Luis Baz Vicente - a modificación dos coeficientes redutores aplicábeis á pesca significa que un aumento na vida laboral sufrindo unha grave discriminación fronte a outras pescarías.  

 O BNG tamén solicita o cambio de modelo que actualmente está baseado na zona e no tamaño de embarcación para ir cara un novo modelo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalubres e provoquen sinistralidade.  

 “Dende o BNG agradecemos o apoio da corporación a estes mariñeiros que despois dunha vida traballando en condicións de penosidade, o Goberno español toma unha decisión política que recorta os seus dereitos tendo que acudir á xustiza ordinaria para reclamalos”, comentou Ángel Luis Baz.

PP TARDE, MAL E ARRASTRO  
 Para o BNG “resulta sorprendente a moción presentada polo PP sobre os coeficientes redutores, sabedores de que foi o propio Goberno español do PP quen xerou o problema. Unha moción que desperta o localismo da máis rancia dereita española.  

 “Resulta sorprendente - sinalou o concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba -, que o PP presente a última hora esta moción. Somos conscientes da obriga dunha portavoz ligada ao sector, pero que non se lle coñece ningunha iniciativa política fronte aos seus compañeir@s do PP en Madrid.

 Para o BNG queda claro que este problema é político que debe ter unha solución política. O BNG insta ao PP guardés que fuxa da demagoxia localista e que esixa diante do seu partido a solución que están esperando os mariñeiros e as súas familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario