7 de dec. de 2016

O ROSAL

O BNG RECLAMA A SOLUCIÓN DA SITUACIÓN DE PERIGOSIDADE QUE VIVEN OS USUARIOS DO CAMPO DA MATA


Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG no Concello do Rosal


Infogauda / O Rosal

 Atendendo ás suxerencias dos usuarios do Campo da Mata, o BNG do Rosal ven de expoñer no pasado pleno do día 3 de decembro, a necesidade dun estudo para solucionar a situación de perigo e seguridade vial nas inmediacións do campo de fútbol.  

 Segundo o BNG a perigosidade existente na entrada do Estadio é evidente nunha zona con pouca visibilidade para os peóns e os condutores, onde é frecuente a presenza de cativos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario