8 de dec. de 2016

A GUARDA

O MERCADO DO RELÓ ESTREA A CAMPAÑA “A GUARDA É NADAL” 

A Asociación de comerciantes Mercado do Reló, ven de presentar a súa nova campaña para este Nadal


Mercado do Reló / A Guarda

 O pasado luns día 5 presentouse na Praza do Reló, a nova campaña de dinamización comercial da Asociación de comerciantes Mercado do Reló, coincidindo co prendido do alumeado de nadal, e dando así o pistoletazo de saída a este nadal. 


 A festa presentación da campaña, estibo amenizada polo Dj Maci, e polo grupo de baile Xamaraina. Esta foi a primeira parada da caravana do mercado, que durante este nadal percorrerá as rúas da Guarda, con actividades para o máis cativos e moitas sorpresas. 


 “A Guarda é Nadal” é unha campaña de dinamización comercial que pretende fomentar as ventas do comercio desta vila, nestes tempos onde as grandes superficies e internet gánanlle a batalla o comercio de proximidade. 


 Dende o Mercado do Reló queremos agradecer os comerciantes participantes o apoio nesta iniciativa, a todos os voluntarios e voluntarias que colaboran activamente na campaña e o Concello de A Guarda pola súa colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario