10 de dec. de 2016

DEPORTES

DAMIÁN ALONSO, LOGRA DÚAS MEDALLAS DE OURO NO CAMPIONATO BRITÁNICO DE REMO INDOOR

O remeiro de A Guarda competiu pola mañá, na distancia de 2.000 m. e pola tarde, na de 500 m.

Damián Alonso, coas dúas medallas de ouro que logrou no Campionato británico de Remo Indoor
Foto: Facebook

Infogauda / A Guarda

 Logo de acadar en Tui, o pasado día 26 de novembro, xunto co seu compañeiro do C. R. Tui, André Carvalho, bater o récord dos 100 quilómetros de remo ergómetro, con un crono de 05h:56m:57.7s ; o remeiro guardés Damián Alonso Alonso  ven de lograr no día de hoxe dúas medallas de ouro no velódromo Lee Valley VeloPark on Queen Elizabeth Olympic Park, de Londres, onde se está celebrando o British Rowing Indoor Championships. E decir, o Campionato Británico de Remo Ergómetro. Nese destacado evento deportivo, no que participan máis de 1.500 remeiros de diferentes países do mundo, o remeiro de A Guarda acadou o 1º posto, tanto na proba de 2.000 metros como posteriormente na de 500 metros, respectivamente.

 Na proba de 2.000 metros, na categoría E10 Masters 30-39 LWT, que se disputou na mañá deste sábado día 10 de decembro, Damián Alonso Alonso, do club Minero´s Team, fixo un tempo de 06:27.2. 

 A 2ª posición foi para Barney Price, do City Of Cambridge Rowing Club, con un rexistro de 06:31.7.

 O 3º posto, foi Mark Rowbottom, do Derby Rowing Club, con un crono de 06:35.8.

 Posteriormente, xa pola tarde, tería lugar a seguinte proba na que competiu Damián Alonso Alonso, correspondente a categoría E70 Masters 30-39 LWT Men 500m, e na que o remeiro de A Guarda, tamén logrou como antes dixemos, o 1º posto, con un tempo de 01:26.2.

 En 2ª posición quedou Tony Fontain, con un tempo de 01:30.07 e en 3ª posición Daniel Whittle Devils, do Elbow Rowing Club, con un rexistro de 01:32.4.

 Unha vez máis, Damián Alonso Alonso, deixou ben patente súa óptima forma física, seu pundonor e súa magnífica traxectoria deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario