10 de dec. de 2016

TUI

O Concello de Tui impartirá en xaneiro un curso para deixar de fumar

É totalmente de balde e celebrarase en sete sesións de tarde a partir do 18 de xaneiro     

Imaxe: C. T.


Infogauda / Tui

 O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza como xa é habitual, para o mes de xaneiro un curso gratuíto de “Deshabituación Tabáquica”.  

 O curso, que comezará o día 18 de xaneiro na Área Panorámica, consta de sete sesións cunha duración de hora e media cada unha, en horario de tarde, os mércores de 18:30 a 20:00 horas e está enfocado a persoas maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar.  

 Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de deixar atrás ao tabaquismo. Os interesados poden anotarse nas dependencias de Servizos Sociais no Concello de Tui en horario de mañá, no teléfono 986 60 36 25 ou no correo electrónico paula.ssociais@concellotui.org. O prazo de inscrición remata o xoves, 29 de decembro.  

 Dende a Concellería de Servizos Sociais lembran que o tabaco é unha das maiores ameazas para a saúde pública xa que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) ao ano morren case 6 millóns ao ano a causa deste hábito dos cales máis de 5 millóns son consumidores directos.  

 Segundo a propia OMS, a maioría dos fumadores que coñecen os risos do tabaco desexan deixalo pero na meirande parte deles non conseguen facelo de forma autónoma. Por isto, é necesario o asesoramento xa que este pode duplicar a probabilidade de que un fumador logre por fin a súa adicción. 

Ningún comentario: