11 de dec. de 2016

CAMPOSANCOS

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS ORGANIZA UN CONCERTO DE NADAL 

Será o día 22 de decembro, ás 20:00h., na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos



Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos


 Cando xa estamos no limiar de un novo Nadal, a Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, organiza un Concerto de Nadal, que terá lugar o vindeiro día 22 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos.

 Panxoliñas e cantos populares, constituirán o programa de unha velada na que os compoñentes de "Cantares do Brueiro", co seu director, o cantautor, gaiteiro e músico Tino Baz Baz, cantaránlle o Neno Xesús, que segundo á tradición, naceu n´un portal de Belén. Será unha oportunidade magnífica para que tódolos comuneiros e veciños de Camposancos, compartan a ledicia do Nadal, de un xeito moi especial.

Ningún comentario: