7 de dec. de 2016

A GUARDA

O OBRADOIRO DE EMPAQUETADO CREATIVO INAUGUROU AS ACTIVIDADES NAVIDEÑAS NA VILA GUARDESA

Tras este obradoiro realizaranse outros como os dirixidos ós máis cativos da casa dentro da campaña “Decora o teu Nadal”. O primeiro dos tres obradoiros de decoración navideña do Nadal dos Nenos será “Decora o teu Concello” o vindeiro sábado 10 de decembro



Algunhas das persoas participantes no obradoiro en plena actividade
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O mes de decembro deu comezo na Guarda cargado de actividades para todos os públicos e idades, cunha oferta variada que se prolongará durante todo o mes e o Nadal, ata o 15 de xaneiro.  


 A primeira das actividades navideñas de decembro, organizada dende a OMIX do Concello da Guarda, tivo lugar o pasado venres día 2 dende as 19:30 ás 21:30 horas. Tratouse dun obradoiro de empaquetado creativo especialmente dirixido á mocidade, e de balde, no que os participantes pasaron unhas horas amenas de lecer nas que aprenderon a facer empaquetados creativos realizados por eles mesmos, dando ideas coas que poder sorprender a familiares e amigos. Deste xeito os agasallos de Nadal terán un toque aínda máis especial. 


 Tras este obradoiro realizaranse outros como os dirixidos ós máis cativos da casa dentro da campaña “Decora o teu Nadal”. O primeiro dos tres obradoiros de decoración navideña do Nadal dos Nenos será “Decora o teu Concello” o vindeiro sábado 10 de decembro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario