7 de dec. de 2016

A GUARDA

FOTOGRAFÍA

A EXPOSICIÓN “IMAXES CON FONDO” ESTARÁ NA CASA DO CONCELLO ATA O DÍA 23 DE DECEMBRO   

Os temas das fotografías que se poden ver na mostra abarcan diversos temas como a solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria ou as desigualdades Norte-Sur


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal ven de comunicar que dende o luns día 5 de decembro xa se pode visitar, nas dúas plantas da Casa do Concello da Guarda a exposición “Imaxes con fondo”, organizada polo Fondo Galego de Cooperación en colaboración co concello da Guarda.
  


 O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede integrada por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo que concentra os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Nesta mostra de fotografía, deseñada polo debuxante Pepe Carreiro, inclúense as 19 obras que concorreron no concurso de fotografía “Imaxes con fondo” e que buscan concienciar sobre as condutas respectuosas coa contorna e coas persoas que nela habitan. Os temas das fotografías que se poden ver na mostra abarcan diversos temas como a solidariedade interxeneracional, o aforro enerxético, a protección ambiental, o consumismo, a prostitución, a explotación laboral, a crise alimentaria ou as desigualdades Norte-Sur. 


 Este concurso celebrou este ano a súa terceira edición, Imaxes con Fondo III  e no Facebook do Fondo Galego está aberta a votación para elixir entre as imaxes participantes, que nesta segunda edición versan sobre o tema da interculturalidade.  

 Dende o Concello da Guarda se anima a todos os veciños á achegarse á Casa Consistorial de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres, para poder contemplar unha mostra que combina o arte da fotografía coa sensibilización, e que ten como obxectivo principal a promoción da reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade por medio da palabra e a imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario